INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA PAULA CARBALLEIRA


Facendo coincidir co Día das Bibliotecas Escolares,e despois dun concurso para escoller o nome da nosa BE, onde participou toda a comunidade educativa, o 24 de outubro de 2017 Paula Carballeira veu a inaugurar a nosa biblioteca. Viñeron alumnos/as, nais e pais e, por suposto o profesorado do centro.

A este gran momento veu "O Trio do Acrivro" que amenizou musicalmente a velada.

Finalmente, Paula colocou a placa conmemorativa.
O noso agradecementro a Paula que prometeu acompañarnos nesta nova andaina tan necesaria nos centros a BIBLIOTECA ESCOLAR.

Entradas populares